| De proporcionalidade
directa
Un pasteliño custa 0,5 € canto custarán
2 pasteliños? E catro pasteliños?. É fácil
ver que o importe a pagar será y=0,5x,
onde y sería o importe en euros e x
correspondería ao número de pasteis comprados.
As magnitudes importe e cantidade de pasteliños
son directamente proporcionais
con constante de proporcionalidade 0,5.
|
Observa: os puntos
están aliñados sobre unha recta que pasa pola
orixe de coordenadas. É un exemplo de función
lineal. |
|
|